Saturday 04 de May de 2024

O Partido Popular de Miño solicita unha mellora dos servizos de seguridade cidadá do municipio


O grupo da oposición trasladou en pleno ao goberno municipal, a súa preocupación polos servizos de seguridade cidadá do municipio.

En especial solicitouse ao alcalde que leve a cabo unha maior formación dos voluntarios de protección civil. Así mesmo, déuselle traslado da necesidade dunha maior atención no mantemento do equipamento e dos vehículos que dispoñen para que estean plenamente operativos en caso de ser necesarios.

Doutra banda reitérase a petición dun aumento do corpo de policía local sendo insuficiente o número actual do persoal, que é moi inferior á cociente esixida para un municipio co número de habitantes que ten Miño.